Arranca o Torneo de fútbol sala Ociosol de Valdoviño con máis de 100 participantes

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presentaban o pasado venres o Torneo de Fútbol Sala Ociosol 2019, que contará nesta edición con máis de 100 participantes.
 
O concelleiro de Deportes destacaba a importancia de impulsar a práctica deportiva entre a veciñanza durante o verán e dar continuidade a un torneo tan recoñecido na comarca como é o OcioSol. A competición, que arrancará esta tarde, prolongarase ata o vindeiro venres 23 de agosto. Os encontros disputaránse no Pavillón Municipal do Longoiro, en Meirás, en horario de 21 horas a 23 horas. Dende o Concello agradeceron a participación dos diversos equipos e animaron a que os participantes disfruten deste torneo.
 
O calendario e as clasificacións do mesmo están a disposición dos usuarios na web www.torneoociosol.com creada para tal fin.