O Concello condea os novos roubos nas infraestruturas da praia da Frouxeira

Un verán máis, as instalacións da praia da Frouxeira foron obxecto dun novo ataque vandálico. Máis concretamente, o concelleiro de Servizos, Benito Vega, informaba da sustracción de cinco cabezais das duchas emprazadas no areal, así como do roubo das tuberías da máis próxima á praia dos Curas. Neste caso, deixando sen suministro de auga a infraestrutura. Os actos rexistráronse o pasado venres e o Concello encargaba a reparación e reposición urxente dos elementos, que se levará a cabo hoxe, confiando en que quede así solventado ao longo da xornada.
 
O Concello condea este tipo de actos que supoñen unha mostra de incivismo e un perxuízo para as arcas municipais.