Cubertas as prazas para participar na ruta guiada pola zona mineira do Porto

En menos de dous días, as prazas para participar na ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto quedaron cubertas. A iniciativa, organizada polo Concello e a Asociación Valdoviño Azul, celebrarase o vindeiro domingo 28 de xullo ás 11,30 horas. Non é a primeira vez que administración e entidade se unen na celebración desta ruta que, día a día, gaña seguidores.
 
O punto de encontro é a caseta da praia dos Botes, de 11,15 a 11,30 horas e, dende aí, iniciarase o percorrido, con introdución á flora da zona.
 
Deste xeito, e á vista do interese veciñal suscitado, o alcalde, Alberto González, avanzou que a ruta se reeditará no mes de agosto.