Contratación de 11 peóns de limpeza de praias e creación de bolsa de emprego

Data: 
xoves, 27 Xuño, 2019
Obxecto: 

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal de 11 peóns ordinarios de limpeza de praias, mediante o procedemento de oposición e a elaboración dunha bolsa de emprego, durante un máximo de dous anos, ante a posible convocatoria de programas subvencionados. A referida contratación está subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña. Todo elo de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, o Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público, a Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; , e demais disposicións de pertinente aplicación. 
 
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (3 meses), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo, na modalidade de contrato de obra e servicio determinado denominación do servizo “ limpeza de praias marítimas 2019”, programa MA100/2019, dirixido aos Concellos da provincia da Coruña para a limpeza de praias marítimas durante o exercizo 2019 Os traballos consistirán na limpeza das praias do noso municipio, recollida de lixo dos areais, valeirado de papeleiras e colectores de lixo instalados no entorno así como dos locais radicados nas mesmas, nos que se prestan servizos aos usuarios de competencia municipal, así como demais labores de mantemento das citadas praias. 
 
Proponse a contratación de 11 peóns de limpeza de Praia a xornada parcial do 50% ( 20 horas á semana). As retribuións brutas por mes, tendo en conta a prorrata da paga extra ascenderían a 595,01 €, e a contratación sería por tres meses. Tendo en conta que a xornada que a xornada que se fixará en programas subvencionados posteriores poderá variar, tendo en conta o financiamento disponible.

O persoal contratado terá as seguintes funcións: limpeza de praias e entorno de forma manual, e calquera outra, propias da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra. 

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

5 DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio nun xornal de tirada comarcal.