Valdoviño celebrará este sábado a XXXII Mostra da Canción Coral

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado 22 de xuño a XXXII edición da Mostra da Canción Coral e Agrupacións Musicais Concello de Valdoviño. Todo un clásico da programación cultural do municipio organizado pola ACR A Frouxeira coa colaboración do Concello, da Deputación provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Arrancará ás 19,30 horas  con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 
Nesta XXXII edición, tomarán parte na cita a Coral Polifónica de Berres (A Estrada); a Coral Polifónica de Noia, Laureado Coro Santiaguín (Langreo, Asturias) e, pechando o certame, a coral local, Lembranzas da Terra.
 
Será unha cita para disfrutar da música e deixarse sorprender, algo ao que acostuma a mostra valdoviñesa.