Entrega de diplomas aos participantes no Curso de Alfabetización Dixital

O alcalde, Alberto González, e as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Rosana García e Jessica Sabín, entregaron no día de onte os diplomas acreditativos aos participantes no Curso de alfabetización dixital: Informática básica con Internet organizado polo Concello nos meses de abril e xuño.
 
Impartido polo animador sociocultural Daniel Cartelle, entre os contidos figuraban nocións básicas do sistema operativo Windows, manexo de Internet e correo electrónico, así como iniciación a Word.