Últimos días para anotarse nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anima a nenos e rapaces a apuntarse nas I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).