A SD Valdoviño abre o prazo de inscrición na súa Escola de Fútbol

Despois de acadar o título de liga de afeccionados de Ferrolterra e ascender a primeira autonómica por primeira vez na súa historia, a SD Valdoviño, no seu afán por continuar medrando pouco a pouco, vén de abrir o prazo de inscrición na súa Escola de Fútbol a todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos que desexen disfrutar do deporte a próxima tempada no novo campo de fútbol de herba artificial do Concello de Valdoviño.
 
Os/as interesados/as poden informarse no teléfono 609254816 ou a través das redes sociais da entidade (twitter @sd_valdovino ou instagram @sd.valdovino).