Últimos días para anotarse ao xantar da XIX Mostra de Asociacións de Valdoviño

A XIX Mostra das Asociacións de Valdoviño celebrarase este sábado 4 de maio en Meirás e, máis concretamente, no pavillón municipal do Longoiro a partir das 13 horas e durante toda a xornada. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, as persoas interesadas en tomar parte aínda poden adquirir os seus tickets para o xantar (o prazo remata este mércores 1 de maio). Están a disposición do público nas asociacións organizadoras.
 
O xantar popular comezará ás 14,30 horas e o menú inclúe paella, churrasco con cachelos, bebidas, postre, café e chupito. O prezo é de 13 euros para o público adulto e de 8 para os menores –ata 12 anos-.
 
Ás cinco da tarde comezarán as actuacións dos diferentes grupos de baile das asociacións do Concello e o sorteo de agasallos cedidos por estas entre aqueles que mercasen a súa rifa.