A exposición do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo poderá visitarse dende este venres en Valdoviño

A Casa da Cultura de Valdoviño estrea nova exposición coa vista posta na Semana Santa. Así, dende mañá venres, 12 de abril e ata o vindeiro 1 de maio, albergará a mostra do XV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que promove a Deputación provincial da Coruña.
 
Estará a disposición do público de luns a venres de 12 a 14 horas e sábados, domingos e festivos neste horario e tamén de tarde, de 16 a 19 horas.
 
A exposición está formada por máis de 25 pezas de pintura, escultura, fotografía, grabado, collage, videocreación e outras, que integran un ecléctico escaparate das tendencias do arte actual de artistas galegos e nacionais.