O Océano Surf Museo acolle o curso de xuíces 2019 da Federación Galega de Surf

O Océano Surf Museo albergou estes días o curso de xuíces 2019 organizado pola Federación Galega de Surf en colaboración co Concello de Valdoviño. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, destacou que unha vez máis a Federación volve a apostar polas instalacións locais como centro de formación para acoller unha das súas accións. Impartido polo xuíz Eugenio Prados, o curso daba acceso ao título de xuíz rexional nivel C –recoñecido pola federación galega e española-. Un título necesario para realizar funcións de xuíz nas competicións oficiais destas.
 
Este curso estivo dirixido a persoas afecionadas ao deporte do surfing que desexaban acadar os coñecementos para valorar as diferentes modalidades -surf de táboa curta, longboard, bodyboard, paddlesurf- e permitiu a todos os asistentes coñecer o primeiro museo do surf de España. Agora, a súa formación complementarase coa asistencia a dous campionatos oficiais como xuíz alumno.