Concello e movemento asociativo celebran este sábado a VIII edición da festa infantil do Entroido baixo o título “Entroido Pirata”

O Concello de Valdoviño, xunto co movemento asociativo do municipio, organiza a VIII edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar este sábado 2 de marzo no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Pirata». A entrada é libre e de balde. O Concello agradece a colaboración das asociacións culturais, deportivas, veciñais, ANPA e amas de casa, que fan posible esta festa.

Os nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchablee, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.

O Concello de Valdoviño recorda que mañá venres 1 de marzo, é o último día de prazo para inscribirse no XIX Festival de Comparsas que terá lugar o sábado 9. Como é habitual celebrarase pola tarde, cunha concentración ás 17 h na Casa Consistorial por parte das comparsas e media hora máis tarde, ás 17,30 h, partirán co pasarrúas cara a Casa da Cultura onde terá lugar o festival conducido polo grupo de teatro Ghazafelhos.