O Concello abre o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí 2019 que promove a Deputación provincial da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas –de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019- poderán gozar de estancias na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense.
 
Alí, e entre o 8 e o 11 de febreiro, poderán participar en cursiños de esquí nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención. O Concello ten asignadas catro prazas e, se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello.
 
Os participantes que finalmente accedan ó programa deberán pagar unha cuota de 85 euros e para formalizar a preinscrición, os interesados deben presentar a solicitude no Rexistro da Casa Consistorial. O prazo remata o 10 de xaneiro.