Federacións nacionais europeas de surf coñecen a Costa das Ondas como destino de adestramementos de alto nivel

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, por medio do convenio asinado coa Xunta de Galicia, a través da Axencia de turismo de Galicia para a promoción do xeodestino Ferrolterra–Rías Altas, está a organizar una vistita a Ferrolterra e Ortegal de varias federacións nacionais de surf de diferentes países europeos.
 
Durante os días 7, 8 e 9 de decembro representantes das federacións nacionais de surf de Holanda, Bélxica, Austria e Alemania, ademáis da propia Federación europea de surf, estarán neste destino coñecendo as potencialiades da Costa das Ondas para a celebración dos seus campionatos nacionais e para a realización de estadías de adestramento coas seleccións nacionais correspondentes.
 
Durante estes tres días mostraráselles as características únicas, principalmente daquelas praias menos coñecidas para non saturar ás dúas praias más relevantes do destino, de maneira que os poidan comprender como destino único para as súas competicións e adestramentos buscando a deslocalización do turismo de surf e paliar a estacionalidade.
 
Así, a creación da marca Costa das Ondas, e a configuración de todo o territorio como un destino único baixo o paraugas desta marca promocional que abarca tanto os recursos naturais como todos os servizos profesionais de surf deste territorio, facilita a realización destas accións promocionais de xeito que se entenda toda a oferta de servizos e recursos baixo un mismo produto: Costa das Ondas.
 
Esta acción promocional busca por en valor tanto os recursos naturais únicos da costa de Ferrolterra e Ortegal para a práctica do surf, como do capital humano e empresarial instalado no territorio que pode garantir a prestación de todos os servizos requiridos por estas federacións para a celebración das súas actividades. Neste sentido hai que destacar que na actualidade existe un sector profesional amplio do surf en Ferrolterra que abarca toda a cadea de servizos de surf que pode requerir una federación nacional: monitores e surfistas expertos, tendas de venda de material técnico, reparación e fabricación de táboas de surf, aloxamentos específicos para surfistas e tamén surf friendly de alta calidade, expertos en organización de eventos, empresas xeradoras de contidos multimedia e de xestión de redes sociais, axencias de viaxe de recpetivo, e alugueiro de vehículos, entre outras.
 
O programa comenza cun acto de benvida e una sesión de networking coas empresas adheridas a Costa das Ondas, este venres 7 ás 18:30h no Parador de turismo de Ferrol. Nesta benvida institucional participará Alberto González (alcalde de Valdoviño, en representación da mancomunidade), Luís Alcalá (xerente), Carlos García (presidente da Federación española de surf) e un representante da oficina técnica de Costa das Ondas.
 
O resumo do programa é o seguinte:
Venres día 7:

  • Acto de benvida institucional e presentación de Costa das Ondas. (18:30h Parador de Turismo de Ferrol).
  • Sesión networking coas empresas de surf do territorio.
  • Visita a tendas de surf e shapers.
  • Restauración en Ferrol

Sábado día 8:

  • Visita a praias de Valdoviño, a definir en función do parte de ondas.
  • Visita a aloxamentos surf friendly de Ferrol e Valdoviño.
  • Visita a Océano Surf Museo
  • Restauración en Valdoviño, Cedeira e Ortigueira.

Domingo día 9

  • Visita a praias de Ferrol, a definir en función do parte de ondas.
  • Restauración en Ferrol