Concedida unha axuda para investimentos no PAI-Aula da Natureza

O Concello de Valdoviño ten concedida unha axuda para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento do Punto de Atención Infantil- Aula da Natureza cofinanciada polo Fondo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020 ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG 10.07.2018).
 
O gasto subvencionable para o proxecto ascende a 18956,42 euros, repartidos entre obras menores de adecuación e mellora das infraestructuras (zona de sombra no patio exterior, zona cuberta na parte traseira e cerca de seguridade na parte frontal), adquisición e mellora do equipamento (2 mobles con portas, 3 percheiros de 7 perchas, 1 barra estabilizadora, 1 microondas) e dotación de conexión á internet e compra de dispositivos (1 disco duro 1 TB).