O Concello organiza un curso gratuíto de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, un curso de defensa persoal dirixido a mulleres. Celebrarase en dúas xornadas: o 3 e o 5 de decembro, en horario de 16 a 20 horas, e terá por escenario o local social de Vilaboa –na antiga escola unitaria-. As mulleres interesadas en tomar parte na actividade, completamente gratuíta, deben formalizar a súa inscrición a partir deste luns, 5 de novembro, no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 981 48 70 41 ext.5.
 
Entre os contidos do curso, abordaranse os distintos tipos de agresión, as medidas de autoprotección, medios a empregar ante unha agresión e técnicas sinxelas e resolutivas.
 
A actividade está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do acordo de colaboración asinado coa FEGAMP para a conformación dunha Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, e inclúese na programación de accións do Concello de Valdoviño deseñada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.