O Concello programa nas parroquias obradoiros gratuítos de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos

Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño retoma os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. E farao levando as sesións cada semana ás diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa. Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.
 
As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5. A actividade estará guiada por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca- e arrancará a vindeira semana. Os luns celebrarase ás 16 horas en Meirás e ás 18 horas en Sequeiro; os martes, ás 18 horas, en Pantín e, os mércores, ás 16 horas, será o turno de Sequeiro.
 
O Concello dá cumprimento ó seu compromiso de descentralizar as actividades para as persoas maiores nas distintas parroquias. Buscaba así facilitar a participación da veciñanza con independencia da súa proximidade ó centro urbano, evitando que os traslados supuxeran un obstáculo. Iso si, as actividades están abertas ós veciños e veciñas de todas as parroquias.