O Concello inicia unha campaña especial de rebacheos en todo o termo municipal

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou do inicio dunha campaña especial de rebacheos nas oito parroquias do termo municipal. Uns traballos que arrancaban este mes en Valdoviño e Lago e que se irán extendendo nos próximos días a todas as pistas e camiños municipais. Nos traballos, González explica que o Concello investirá unha partida de 19.999,49 euros.
 
Estas intervencións, engade o rexidor, pretenden dar resposta ó deterioro dos viais e completarase nos próximos meses cun programa de actuacións máis ambicioso, hoxe en fase de contratación. Trátase dun paquete de 40 obras de acondicionamento de pistas, camiños e rúas en todo Valdoviño licitadas por 257.000 euros, que o Concello financiará con cargo ó POS+ 2018 da Deputación provincial da Coruña.
 
Son as seguintes: en Valdoviño (Avenida Couce Casas, Camiño ó Mirador, Camiño á Lagoa, Camiño Atios, Camiño Baixada á Lagoa por Campeiras, Camiño Entrerríos, Camiño Meitufe, Camiño Fonte Aviño); Lago (Camiño Vilar-Ramal dereita, Camiño do Broño, Camiño do Canteiro, Camiño da Saria, Camiño Outeiro-Cruceiro, Camiño Castido polos Freires, Camiño do Golpiño, Camiño de Pazos); en Loira (Camiño Furada); en Meirás (Camiño Lavadoiro a Riaña, Camiño de Fornos, Camiño paralelo a campo da festa, Camiño Canto do Muro-Lodeiro); en Pantín (Acceso ó Castro, Camiño O Talieiro, Camiño a Arnela, Acceso a Xabarís, Camiño da Costa –zona Baleo-); en Sequeiro (Camiño do Casal, Camiño Cruce San Bartolo, Camiño estrada xeral a San Andrés, Camiño Tuimil); Vilarrube (Camiño Aquenjo-Estrada Cedeira, Camiño no Porto, Camiño no Porto; Camiño Vilarrube-Vilaboa-Arnela) e Vilaboa (Camiño San Pedro a Vilaxe, Camiño na Vilaxe, Camiño Cooperativa –ramal dereito e esquerdo-).