Calendario Valdoviño 2019: envío de imaxes

Os interesados en participar no concurso de fotografía Calendario de Valdoviño 2019 deben enviar a súa imaxe cubrindo todos os campos do seguinte formulario. Cada persoa pode enviar tantas imaxes como desexe, sempre que cumpran os seguintes requisitos.
 
Seguindo a idea que guiou o calendario deste 2018, a fotografía terá que ser dun lugar do municipio de Valdoviño que poida ser comparable con outro lugar do mundo, polo que se deberá especificar o lugar onde se tomou a fotografía e aquel outro co que se compara. Dende o Concello tamén se quere facer constar que, no caso de aparecer persoas na imaxes, debe acompañarse do seu consentimento expreso para o seu uso; que non se aceptarán traballos con contidos contrarios á legalidade vixente, e que as fotografías presentadas quedarán en posesión do Concello, de tal modo que poida utilizalas e reproducilas por calquera medio sempre citando ó seu autor.
 
Calquera dúbida pode consultarse na Biblioteca Municipal ou a través do enderezo de correo electrónico info@concellodevaldovino.com.