O Concello abre a inscrición na VII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que, un ano máis, o paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, chega á súa séptima edición. Terá lugar o 23 de setembro pola mañá, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Ferrol, e o prazo de inscrición está xa aberto na web www.carreirasgalegas.com (ata o día 20 de setembro, ás 23:59 h) ou de forma presencial na concellería –de luns a venres, de 9 a 14 h- e Oficina de Turismo –de 10 a 14 e de 16 a 20 h-.
 
A inscrición será gratuíta para os menores de 18 anos e terá un custe de 3 euros para os maiores desa idade, a abonar o día da carreira. Unha vez máis, a carreira terá este ano un carácter solidario e, a recadación íntegra, irá destinada a Cáritas. Así mesmo, haberá este ano o chamado Dorsal 0, polo que as persoas interesadas poderán sumarse a esta causa abonando a cuota aínda que non participe.
 
Saavedra explica que o percorrido discurrirá ó longo do paseo da Lagoa da Frouxeira, nun circuito de ida e volta de iguais dimensións sobre o que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. De entre 100 e 1609 metros. Son estas: biberón (nados no ano 2011 e posteriores); Sub10 (2009-2010); Sub12 (2007-2008); Sub14 (2005-2006); Sub16 (2003-2004); Sub18 (2001-2002); Sub20 (1999-2000); Sub23 (1996-1998); Senior (1984-1995); Máster1 (1978-1983); Máster2 (1969-1977); Máster3 (1959-1968) e Máster4 (1958 e anteriores).
 
A saída estará sinalizada na caseta de socorrismo do areal e tamén será escalonada, partindo ás 11 horas. Organizada polo Concello de Valdoviño, conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Deputación provincial, Sedega, Protección Civil de Valdoviño e Coca Cola.
 
Haberá medallas para todos os participantes da categoría biberón e para os tres primeiros clasificados, en masculina e feminina, para o resto de categorías, así como trofeos para o/a primeiro/a da absoluta e para o participantes máis novo/a e máis veterán/a.