O Concello programa este xoves a proxección de “Wonder Woman” na praza da Casa da Cultura

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, propón este xoves, 12 de xullo, unha sesión de cine ó aire libre. Na praza da Casa da Cultura, a partir das 22,30 horas, proxectarase o filme «Wonder Woman », incluído na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. En caso de choiva, a proxección trasladarase ó interior do centro cultural.
 
Trátase dun filme de superheroes que narra a historia de Wonder Woman. Antes de converterse nesta, era Diana, princesa das Amazonas, adestrada para ser unha guerreira invencible. Diana foi criada nunha illa paradisiaca protexida ata que un día un piloto norteamericano que ten un accidente e acaba nas súas costas, lle fala dun gran conflito existente no mundo. Diana decide entón saír da illa convencida de que pode deter a terrible ameaza. Namentras loita xunto ós homes na guerra que acabará con todas as guerras, Diana descobre todos os seus poderes e o seu verdadeiro destino.