O Concello abre a inscrición en OcioSol, a oferta de actividades deportivas para o verán

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición en OcioSol, a programación de actividades deportivas do Concello de Valdoviño para os meses de verán. Unha programación, engadiu, que se amplía respecto a anos anteriores, aumentando o número de propostas e estendéndoas ás diferentes parroquias. Polo miúdo, o edil de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que o Concello ofertará ximnasia de mantenemento en Meirás, Valdoviño (Casa da Cultura e entorno da Frouxeira) e Vilaboa; bailes de salón e tenis. O custe mensual oscila entre os 7,37 e os 12,54 euros.
 
As clases de bailes de salón, unha actividade que se incorpora por primeira vez no verán, celebraranse os mércores, de 22 a 00 horas, no pavillón do CPI Atios, durante os meses de xullo e agosto.
 
O paseo marítimo da Frouxeira volverá a acoller ximnasia de mantenemento os luns e mércores de 10 a 11 horas. E, como novidade, esta acción levarase tamén ás parroquias de Meirás (pavillón do Longoiro, luns e mércores de 11,15 a 12,15 horas); Valdoviño (Casa da Cultura, martes e xoves de 10 a 11 horas) e Vilaboa (local social, martes e venres de 11,15 a 12,15 h).
 
As clases de tenis, para nenos e nenas a partir de 5 anos, desenvolveranse na pista do paseo da Lagoa. Haberá dous grupos segundo os niveis, os martes e xoves de 10 a 11 horas e de 11 a 12 horas.
 
Por último, e no mesmo escenario, o Concello impartirá clases de baloncesto, tamén por grupos de nivel e idades. Serán os luns e mércores de 10 a 11 e de 11 a 12 horas.
 
As persoas interesadas en tomar parte na programación deben cubrir a ficha de inscrición na Casa do Concello, achegando tamén fotocopia do DNI e volante de empadronamento –terán preferencia en caso de que a demanda exceda a oferta-. As cuotas oscilan entre os 7,37 e os 12,54 euros dependendo das horas da actividade e da idade do usuario –menor ou maior de idade-. Para máis información : 626 46 55 31.