Valdoviño homenaxea a María Victoria Moreno co espectáculo "O amor pola lingua"

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este xoves o tradicional acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, este ano adicado á escritora María Victoria Moreno. Será a partir das 18 horas, con entrada de balde ata completar aforo. O programa inclúe unha lembranza da homenaxeada a través do espectáculo «O amor pola lingua», a cargo de Sole Felloza. Un espectáculo que tentará facer sentir ó público o que sente quen chega a un lugar e descobre que o seu fogar está alí. A narradora Sole Felloza, ó igual que María Victoria Moreno, chegou un día a Galicia e namorouse da súa paisaxe, da súa xente e da súa lingua e xa non tivo xeito de nomear as cousas que tiña ó seu redor máis que en lingua galega.
 
Seguidamente, o alcalde, Alberto González, presidirá a entrega de agasallos ós gañadores do III Concurso de Relato Curto e Debuxo Concello de Valdoviño-Letras Galegas 2018. Ó certame presentáronse 65 traballos nas diferentes modalidades nas que concursaban en función do curso. A decisión do xurado, integrado polo xornalista Miguel García Corral; o mestre e director do CRA O Esquío Xan García Yáñez; a mestra do CPI Atios María Manso, e a concelleira de Cultura, Jessica Sabín, foi a seguinte:
 
Premiados:
 
4º INFANTIL. XIANA GRANDAL RODRÍGUEZ. CRA O ESQUÍO.
5º INFANTIL. IRENE MESÍA LÓPEZ. CRA O ESQUÍO
6º INFANTIL. LUCAS RIVAS PRADOS. CRA O ESQUÍO
1º PRIMARIA. ASIEL PANTÍN CARMONA (1ªA CPI ATIOS) e JIMENA FREIRE VEGA (CRA O ESQUÍO)
2º PRIMARIA. LÚA RAMOS BECEIRO. 2B CPI ATIOS
3º PRIMARIA. SARAY SEDES ALONSO. 3ª CPI ATIOS
6º PRIMARIA. LARA RODRÍGUEZ VIDAL (6ªA CPI ATIOS) e ESTRELA VIZOSO DÍAZ (6ºB CPI ATIOS)
2º ESO. JAVIER RODRÍGUEZ VIDAL. 2ºB ESO CPI ATIOS
3º ESO. AURORA PAZ SEIJAS. 3ºB ESO CPI ATIOS