Creación dunha listaxe de aspirantes a funcionario interino de prazas de administrativo

Data: 
luns, 23 Abril, 2018
Obxecto: 

1. O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de prazas de administrativo para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
 
A lista de aspirantes creada terá unha vixencia de catro anos. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
 
 2. As funcións a desenvolver na praza de administrativo serán, as sinaladas na RPT do Concello de Valdoviño.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no BOP (publicado o 23/04/2018).