Reunión informativa este xoves no auditorio para as persoas inscritas na Escola Municipal de Música

A Concellería de Cultura informa de que este xoves, 15 de marzo, ás persoas que formalizaron a súa preinscrición nas actividades da Escola Municipal de Música están convocadas a unha reunión informativa. Celebrarase no auditorio da Casa da Cultura, ás 20,30 horas, e nela presentarase ó profesorado, abordaranse os calendarios e resolveranse as posibles dúbidas dos/as asistentes.