Xestión do cámping municipal

Obxecto: 

Xestión indirecta na modalidade de concesión do servizo público de cámping municipal e dos servizos auxiliares (contrato de xestión do servizo público na modalidade de concesión pues o contratista asume asunción do risco derivado da explotación do servizo), pero o dito contrato de xestión tamén conleva a execución dunha obra.

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Estado do procedemento:
Orzamento total: 
1.367.351,70€
Data de publicación: 
venres, 4 Agosto, 2017
Prazo de execución: 
Un mes dende a formalización do contrato para a presentación do proxecto técnico; o tempo determinado nese proxecto para a execución das obras. O inicio da explotación da actividade se poderá prolongar durante 10 anos.
Observacións: 
- Prezo do contrato: A retribución do adxudicatario será a equivalente aos ingresos por recadación das tarifas, que se recibirán directamente dos usuarios do servizo e dos ingresos que reciba pola explotación da zona comercial (segundo se especifica no prego). Canón anual fixo a aboar ao Concello: 11.967,98€/anuais, mellorable a alza polos licitadores nas súas ofertas.
- Capacidade e solvencia económica, financeira, técnica e profesional: Non precisa habilitación profesional específica. - Solvencia: Conforme aos pregos de cláusulas administrativas: punto 12 e Anexo 1 (punto 6.b)
Procédese á apertura dun novo prazo de licitación no contrato de xestión indirecta da concesión do servizo público do camping municipal do Concello de Valdoviño, por erro padecido en arquivo da documentación exposta no perfil do contratante.
Presentación de ofertas: 
15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e; conforme ao punto 14.2 do prego de cláusulas administrativas.
Garantía: 
Definitiva: 5% [da estimación de ingresos recollida no proxecto de explotación, excluído o IVA (124.304,70) X 10 anos de duración do contrato, excluídas as posibles prórrogas)] = 62.152,35€
Revisión de prezos: 
Segundo o indicado no punto 2 do Anexo I do Prego de condicións.
Taxas do contrato: 
Gastos de licitación e outros custos.- Dacordo co punto 27 do prego de cláusulas administrativas lle corresponden ao contratista aboar os anuncios e outros gastos ocasionados con motivo dos actos preparatorios e de formalización do contrato.