Últimas prazas libres para os cursos de tiro con arco, ximnasia ao aire libre e patinaxe artístico

O Concello, a través da Concellería de Deportes, informa de que aínda queda algunha praza libre nas actividades de Tiro con Arco, Ximnasia ao Aire Libre e Patinaxe Artístico. Todas elas, forman parte da programación municipal deportiva de Ocio Sol para este verán e celebraranse nos meses de xullo e agosto. Para anotarse, as persoas interesadas poden facelo na Concellería –segunda pranta da casa consistorial, de luns a venres de 9,30 a 13,30 h- namentras que no caso de patinaxe artístico deben chamar directamente ó Club Buxaina, responsable das clases, nos teléfonos: 616 323 599 e 648 856 688.
 
Respecto ó tiro con arco, é o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo de fútbol de Mourente, en quendas de luns a venres de 10,30 a 12,30 horas. Comezarán o próximo luns, 10 de xullo, e o prezo da actividade é de 11,06 euros ó mes para menores de 18 anos e de 12,54 euros ó mes para persoas adultas. Ximnasia ao aire libre desenvolverase no entorno do parque da Frouxeira, pensada para persoas adultas. De luns a venres de 10,15 a 11,15 horas e cunha cota mensual de 22,12 euros.
 
E, no tocante a patinaxe artístico, ten lugar no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, martes e xoves de 12,30 a 14 horas. Os nenos e nenas empadroados en Valdoviño gozarán dun desconto do 10% sobre o custe da actividade.