Contratación de 12 postos para a limpeza de praias

Data: 
martes, 31 Maio, 2016
Obxecto: 

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal de 12 traballadores/as de limpeza de praias, mediante o procedemento de oposición.
 
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada (2 meses e medio), a tempo parcial de 20 horas semanais (media xornada), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, de luns a domingo.
 
Convocatoria dos aspirantes para realizar a proba de coñecementos para o mércores 15 de xuño de 2016, no Centro Público de Atios – Valdoviño.
 
As  12 persoas aspirantes propostas para ser contratadas segundo o documento adxunto deberán presentar dentro do prazo de dous días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación de anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello, a documentación esixida para participar no proceso, que consta no punto 9º das Bases (Presentación de documentos), para poder efectuarselles o nomeamento. 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

5 días hábiles dende o seguinte á publicación nun xornal de tirada comarcal, no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal.