Bono Concilia. Axudas económicas para escolas infantís

Data: 
venres, 29 Abril, 2016
Obxecto: 

Bono Concilia
Normativa:

Orde do 20 de abril de 2016 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono Concilia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 82 do 29/04/2016).

Obxecto:
Conceder axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono Concilia, e proceder á súa convocatoria para o curso 2016/17. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.
Para os efectos desta orde, enténdense por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.

Persoas beneficiarias
Familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nacida ou nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2013.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:
b.1. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2016/17 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono Concilia.
b.2. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2016/17 exercendo a opción do programa Bono Concilia e cando, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
b.3. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2016/17 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
b.4. Ter obtido axuda do programa Cheque infantil no curso 2015/16 e solicitar para a mesma nena ou neno o abeiro do Bono Concilia.
b.5. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
c) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.
d) Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia

Axudas:
Consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.
A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, e non poderá superar en ningún caso o custo da praza:

Tramo de renda per cápita

Atención educativa xornada completa

A.E. media xornada

Sen comedor

Con comedor

S/C

C/C

Inferior ao 30% do IPREM

De 0 a 159,74 €

180,00 €

250,00 €

90,00 €

125,00 €

Entre 30% e < 50% do IPREM

De 159,75 a 266,25 €

180,00 €

233,00 €

90,00 €

116,50 €

Entre 50% e < 75% do IPREM

De 266,26 a 399,37 €

147,00 €

200,00 €

73,50 €

100,00 €

Entre 75% e < 100% do IPREM

De 399,38 a 532,50 €

115,00 €

159,00 €

57,50 €

79,50 €

Entre 100% e < 125% do IPREM

De 532,51 a 665,63 €

75,00 €

109,00 €

37,50 €

54,50 €

Entre 125% e < 150% do IPREM

De 665,64 a 798,76 €

55,00 €

74,00 €

27,50 €

37,00 €

Entre o 150% do IPREM e 1.000 €

De 798,77 a 1.000 €

45,00 €

51,00 €

22,50 €

25,50 €

Superior a 1.000 €

 

45,00 €

45,00 €

22,50 €

22,50 €

Considérase que as/os nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas polo que o importe da axuda multiplícase por 2.

Renda per cápita:

  • Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores, maiores de 18 anos cun grao de discapacidade superior ao 33% ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o 31 de decembro do ano 2014.
  • Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas de cada un dos seus membros no exercicio 2014, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, segundo os criterios establecidos na normativa do IRPF.
  • O importe anterior dividirase entre o número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais incrementarase nun 0,8 o nº real de membros que compoñen a unidade familiar.
  • A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior entre doce.

Documentación:
As persoas interesadas que se atopen nos supostos recollidos nos puntos b.1., b.2. e b.3. do apartado de persoas beneficiarias optarán automaticamente ao programa do Bono Concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de agarda definitivas, sen ter que presentar a solicitude regulada nesta orde.
De non atoparse nos ditos supostos deberá presentarse unha solicitude (anexo I), e marcar a opción de renovación da axuda ou de nova solicitude segundo corresponda.
Solicitude e anexos |   Presentación electrónica na sede

  • Anexo II, agás que a familia estea a cargo dunha soa persoa adulta.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso (só no suposto de non autorizar a súa consulta)
  • Copia da declaración do IRPF do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no caso de non autorizar a consulta.
  • Copia do libro de familia ou, no seu defecto, dun documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Certificado de discapacidade e/ou do grao de dependencia do neno ou nena para quen se solicita a axuda, de ser o caso, só no suposto de non autorizar a súa consulta ou cando non forá expedido pola Comunidade Autónoma galega.
  • Informe emitido polo equipo de valoración e orientación da xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración na escola infantil, no caso dos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no suposto de non prestar autorización para a súa consulta ou cando se trate de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.
  • Xustificación de ocupación ou de desemprego actualizada (no caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral; no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no RETA/mutualidade, ou certificación de ser demandante de emprego con efectos do día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
  • Outros documentos, se procede, en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo

– Certificado de discapacidade e/ou do grao de dependencia da nai/pai, acolledor/a ou do/da titor/a legal. Só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de discapacidade e/ou do grao de dependencia doutros membros da unidade familiar, de ser o caso. Só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, no caso de familia monoparental.
– Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou de que non se autorice a súa consulta.

  • No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero acreditación por medio de calquera dos seguintes documentos:
    -Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
    -Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
    -Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
    -Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
    -Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
    -Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
    -Calquera outra forma establecida regulamentariamente.

Lugar de presentación:

  • Xefaturas Territoriais Consellería de Política Social
  • sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
  • Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo de presentación:
Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 30 de maio de 2016, por ser o 29 día inhábil.

Obrigas das escolas infantís sostidas con fondos públicos con lista de agarda
As escolas infantís sostidas con fondos públicos que teñan en lista de agarda solicitudes que optaran polo Bono Concilia ou polo extinto programa do Cheque infantil, deberán remitir á xefatura territorial correspondente da Consellería de Política Social, con data límite do 20 de xuño, a seguinte documentación:

  • Un arquivo informático coas solicitudes en lista de agarda.
  • Unha certificación da puntuación acadada por estas solicitudes.
  • O anexo III da Resolución do 18 de febreiro de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (DOG do 24 de febreiro), cuberto polas persoas solicitantes.
Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 30 de maio.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde