Estadias residencias de tempo libre

Data: 
martes, 12 Abril, 2016
Obxecto: 

Normativa:

  • Decreto 84/2012 do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre.(DOG nº 44 do 02/03/2012)
  • Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2016. (DOG nº 67 do 8/04/2016)

    Obxecto:
    Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

    Persoas destinatarias:

    • Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
    • Galegos e galegas residentes no exterior.

    Tipos de servizo:

    1. Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
    2. Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.

    Quendas
    Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán.

    Documentación:

    • Solicitude| Presentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
    • Certificado de discapacidade, de ser o caso (de non ser expedida pola C.A de Galicia)
    • No caso de solicitantes da quenda de familias numerosas: fotocopia do libro de familia (de non ser expedido ou renovado pola C.A. de Galicia)
    • No caso de persoas solicitantes da quenda de familias acolledoras: copia da resolución administrativa de acollemento (de tratarse dun acollemento formalizado por outra comunidade autónoma).
    • No caso de familias monoparentais, copia do libro de familia e certificado de empadroamento da unidade familiar.

      Lugar de presentación:

      • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Presentación electrónica na sede
      • En soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

      Adxudicación de prazas

      Efectuarase por sorteo de datas o día 4 de maio de 2016, ás 10.00 horas na Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social (San Caetano s/n, Santiago de Compostela)
      Sen prexuízo de que poderán solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II:

      • Reservarase a primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias para as familias numerosas.
      • Reservarase a última quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencias para as familias acolledoras
      • Reservarase a segunda quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencias para as familias monoparentais.

      As prazas das quendas reservadas que non se cubran incluiranse na quenda xeral. As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten a unha quenda distinta da reservada para elas non terán ningunha preferencia.
      Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán na mesma residencia.
      O día 23 de maio de 2016 publicarase a relación das persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas nas páxinas web http://benestar.xunta.es/www.familiasgalegas.org

      Pagamento do prezo da estadía.
      As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de 5 días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en concepto da dita reserva, e outro depósito, 25 días naturais antes do inicio da quenda adxudicada.

       

      Fase de tramitación:
      Prazo de solicitude/presentación: 

      Ata o 30 de abril de 2016.

      Páxina: 
      Servizos Sociais e Saúde