Axudas a traballadores e familias monoparentais que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

Data: 
luns, 4 Abril, 2016
Obxecto: 

Normativa:
Resolución do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.(DOG nº 61 do 31/03/2016)

Obxecto:
axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas

Accións subvencionables
As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive. Para ter dereito á axuda, deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
Para a determinación do período subvencionable, para os efectos desta axuda, terase en conta o seguinte:

  1. Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, co límite máximo de oito (8) meses, sempre e cando un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto dos períodos acumulables sexan inferiores a 60 días. No caso de familias non monoparentais, para o cómputo do período total subvencionable terase en conta o disposto na letra c) do artigo 4.2 desta resolución.
  2. En ningún caso o período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade, nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella. De se producir este suposto, o período coincidente non se terá en conta no cómputo do período subvencionable.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas que se acollan á medida de redución de xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, homes e familias monoparentais, segundo o seguinte:

  1. Homes que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 5 desta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
  2. Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese,  o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

Requisitos:

  • Estar inscritos no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude.
  • Convivir co/a fillo/a durante o período subvencionado.
  • No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
  • Ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM para o ano 2015.

Lugar de presentación:

  • Secretaría Xeral de Igualdade
  • Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
  • No enderezo electrónico: https://sede.xunta.es
Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 30 de abril de 2016.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde