La Vuelta Ciclista a España pasará por Valdoviño

O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, acudiron este xoves ao acto de presentación de La Vuelta Ciclista a España, que na edición deste ano pasará por Valdoviño.
 
Nesa mesma xornada o alcalde percorreu o Centro de Saúde de Valdoviño cos concelleiros de Obras, co xerente da Área Sanitaria e con personal da propia instalación, co obxecto de comprobar as necesidades do mesmo e prever as actuacións a realizar.
 
Os representantes municipais tamén percorreron ao longo desta semana as estradas autonómicas que discorren por Valdoviño, para tratar cos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas diversos temas de mellora desas vías.