Calendario
Fiscal
O prazo de liquidación do IVTM, de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón, vai do 4 de marzo ata o 4 de maio de 2019, ambos incluídos.
O prazo do resto de liquidacións periódicas anuais e notificación colectiva mediante padrón, o IBI e a taxa por recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, vai dende o 15 de setembro ata o 20 de novembro de 2019, ambos incluídos.
Festividades
Os festivos locais en 2019 son o 5 de marzo, Martes de Entroido, e o 24 de xuño, San Xoán. Ademais durante este ano 2019 tamén son inhábiles a efectos laborais os seguintes días:
- Luns 01 de xaneiro, Día de Aninovo
- Martes 19 de marzo, San Xosé
- Xoves 18 de abril, Xoves Santo
- Venres 19 de abril, Venres Santo
- Mércores 1 de maio, Día do Traballo
- Venres 17 de maio, Día das Letras Galegas
- Xoves 25 de xullo, Día de Galicia
- Xoves 15 de agosto, A Asunción
- Sábado 12 de outubro, Día da Hispanidade
- Venres 1 de novembro, Todos os Santos
- Venres 6 de decembro, Día da Constitución
- Mércores 25 de decembro, Nadal