Reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, a tenente de alcalde, Rosana García, e o concelleiro de Servizos, Alejandro García Sousa, desprazáronse este xoves a Santiago para manter unha reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Ana Díaz.
 
Na reunión tratáronse diferentes temas vinculados coas instalacións, limpezas e outras actuacións en espazos protexidos, sobre todo nas praias do litoral valdoviñés.