Entroido 2016

Xa chega o Carnaval: este sábado celébrase a V Festa infantil do Entroido de Valdoviño. No pavillón do Longoiro, a partir das 17:00.
 
Un sábado máis tarde será o turno do Festival de comparsas 2016. Aquí están as (Bases do Festival de comparsas do Entroido), a folla de inscrición e o anexo onde se explica a posibilidade e condicións para participar no pasarrúas. O festival comezará ás 17:30 horas.
 
E se queredes lembrar como foi nos últimos anos, aquí van as ligazóns ás galerías de imaxes do Entroido 2015 (Festival de comparsas) e do Entroido 2015 (pasarrúas), do Entroido 2014 e do Festival de Entroido 2013.