O Concello apoia a presentación do Pantín Classic 2016

O alcalde e as concelleiras responsables da área de Turismo desprazaronse a Madrid para participar na presentación da 29ª edición do Pantín Classic, que tivo lugar na Feira Internacional de Turismo (FITUR).
 
A proba que se disputará no areal valdoviñés probablemente entre o 30 de agosto e o 4 de setembro (a data aínda está a concretar pola World Surf League) aumenta a súa categoría no evento masculino e será QS6000 tanto na proba masculina como na feminina.