Cinema: "Maimiño"

Este domingo 31 proxectarase en Valdoviño o filme de animación Maimiño, recomendable para público en familia e con entrada de balde. Será ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Trátase dunha película de animación galego-cubano, nominada na 30ª edición dos premios Goya como mellor filme de animación.

"Amor, amizade e xustiza social son algúns dos valores que a película transmite a través da historia do pequeno que bota a andar co fin de sacar a súa familia da pobreza, con cancións de Silvio Rodríguez e dobraxe de importantes actores e actrices galegos".