Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016

Data: 
mércores, 20 Xaneiro, 2016
Obxecto: 

Normativa
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A). (DOG nº 3 do 07/01/2016).
Obxecto
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
Persoas destinatarias
As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas

  • Celga 4: 2 de abril de 2016.
  • Celga 2: 3 de abril de 2016.
  • Celga 3: 9 de abril de 2016.
  • Celga 1: 10 de abril de 2016.

Lugar de realización das probas
Santiago de Compostela e Ponferrada. 
Presentación de solicitudes
Solicitude e anexos

  • Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
  • Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o cal se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 8 de febreiro.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde