Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de suministración eléctrica ás persoas máis vulnerables

Data: 
xoves, 7 Xaneiro, 2016
Obxecto: 

Normativa
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 249 do 31/12/2015).

Obxecto
Pagamento da factura eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo de axuda
1. Os gastos subvencionables serán o 100 % do importe das facturas de electricidade (IVE incluído) emitidas, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, por unha comercializadora de electricidade correspondentes á vivenda habitual, con un límite máximo de 2 facturas/ano no caso de facturación mensual e de 1 factura/ano no caso de facturación bimensual, con un importe máximo de 200 €/ano por solicitante en ambos casos.
Serán subvencionables todos os conceptos incluídos na factura, admitindo as facturas unificadas.
2. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes público ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do gasto subvencionable.

Requisitos das persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e que teñan aviso de interrupcións de subministración eléctrica por non pagamento, segundo a normativa vixente, ou ben esta interrupción xa se producira, pola mesma causa.
Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2014.
3. Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
4. Dispor de aviso de interrupción de subministración da enerxía eléctrica, por non pagamento, segundo a normativa vixente.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.

Documentación
 

Xunto coa solicitude, deberase presentar copia dixitalizada da seguinte documentación:
a. Factura de enerxía eléctrica emitida pola empresa comercializadora non aboada.
b. Aviso de interrupción de subministración de enerxía eléctrica por impago, por parte da compañía eléctrica, segundo a normativa vixente.
c. Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
d. DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos, soamente no caso de non autorizar a súa consulta (anexo III).
e. Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2014, do solicitante (só no caso de denegar expresamente a súa consulta) e do resto dos membros da unidade de conviviencia, (só no caso de non autorizar a súa consulta no anexo III).
f. De selo caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo IV).

Lugar de presentación:

Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 15 de xaneiro de 2016 e rematará o 15 de novembro de 2016.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 15 de novembro.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde