Bono Alugueiro 2016

Data: 
luns, 4 Xaneiro, 2016
Obxecto: 

A Xunta activa o Bono de Alugueiro Social do ano 2016

O Consello da Xunta aprobou o Bono de Alugueiro Social na convocatoria de 2016, que contará cun investimento de 4 millóns de euros para garantir unha vivenda ás familias en risco de perder o seu fogar. O obxectivo é axudar a facer fronte ao pagamento do alugueiro a aquelas persoas que máis o precisan.
O Bono Social de Alugueiro establece unha axuda de 150 euros mensuais por un período de doce meses e que podería prorrogarse ata un máximo de dous anos. E, de igual xeito, a maiores, dispón unha axuda adicional de 450 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender os pagamentos pendentes se permanecesen na mesma vivenda.
Persoas beneficiarias:

  • Persoas con problemas económicos que non poidan pagar a renda do alugueiro e afronten unha demanda xudicial de desafiuzamento por este motivo, ou teñan unha resolución xudicial que ordene o desaloxo do edificio.
  • Persoas vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
  • Familias con dificultades para afrontar o alugueiro e que non poidan dispoñer da súa vivenda habitual polos danos sufridos nela como consecuencia dunha circunstancia imprevista, como un incendio ou unha inundación.

 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde