Valdoviño e Cerdido, exemplo de colaboración entre administracións

A alcaldesa en funcións de Valdoviño, Rosa Ana García, e o alcalde de Cerdido, Benigno Galego, veñen de suscribir un convenio de colaboración entre ambas as dúas administracións para compartir os servizos do arquitecto municipal.
 
Rosa Ana García considerou que os concellos deben innovar en fórmulas como esta, que sirvan para "camiñar pola senda da cooperación, ofrecendo máis e mellores servizos aos cidadáns e minimizando custos". Este convenio, en vigor durante un ano prorrogable ata un máximo de catro, podería ampliarse proximamente con novos servizos compartidos entre estes dos concellos.
 
Pola súa banda, o alcalde de Cerdido explicou que a medida supón "un paso máis cara a unha xestión máis eficaz e eficiente dos recursos públicos" e agradeceu a "disponibilidade e colaboración" do goberno local de Valdoviño para ofrecer ao municipio veciño "un servizo imprescindible para poder informar os expedientes urbanísticos do Concello".