Teatro para toda a familia

O domingo ás 19:30 horas Falabaratas representará Sopa verde, unha obra de teatro para toda a familia, especialmente recomendable para o público infantil. A posta en escea terá lugar no parque da praia da Frouxeira.
 
Ademais, dende esta semana, e ata o 31 de agosto, está aberta unha mostra da obra pictórica de Víctor García Novás. O horario de visita na Sala de exposicións municipais é de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 e os sábados de 12:00 a 14:00 horas.