Incentivos á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

Data: 
mércores, 12 Agosto, 2015
Obxecto: 

Normativa:
Orde do 29 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 151 do 11/08/2015)

Obxecto:
Fomentar contratación temporal daqueles grupos ou categorías de traballadores que presentan dificultades ou desvantaxes particulares para acceder e permanecer no mercado de traballo, co obxecto de mellorar a súa situación de emprego e corrixir os desequilibrios do mercado laboral, afastando a potencialidade de que xurdan novas situacións de risco ou desvantaxe social.

Entidades beneficiarias:
As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario.
Información na publicación arriba indicada

Fase de tramitación: