Prohibido o baño no río da praia de Meirás

As últimas analíticas realizadas no río da praia de Meirás amosan parámetros non axeitados para o baño, polo que o Concello de Valdoviño prohibe o baño no río e recomenda que se restrinxa o mesmo no resto do areal.
 
Tras coñecer os resultados das últimas análises realizadas e consultar coa Consellería de Sanidade tomouse a mellor decisión para a seguridade dos bañistas, que tamén son informados a pé de praia. Asemade, dende o Concello informouse ao organismo que xestiona as bandeiras azuis (ADEAC FEE) e determinouse arriar a Bandeira Azul do areal ata que non se recuperen os parámetros normais na auga.