OcioSol 2015

O verán deportivo chega a Valdoviño co OcioSol, que este ano propón cinco actividades diferentes:

  1. Campionato de fútbol sala. Competición amigable en categoría absoluta, a disputar no pavillón do Longoiro. Premiarase con trofeo aos tres primeiros clasificados. Custo: 11,06 euros/persoa. Inscrición aberta ata o 24 de xullo e inicio da competición o luns 27 de xullo.
  2. Escola de tenis. Curso de verán para a iniciación e aprendizaxe do tenis, con agrupamentos por idades e niveis. Realizarase na pista polideportiva da praia da Frouxeira (cámping municipal). Duración dos cursos: 10 horas, en sesións dunha hora, de luns a venres. Custo: 11,06 euros/persoa. Inscrición aberta ata o 17 de xullo e duración do curos do 20 ao 31 de xullo, con posibilidade de torneo final.
  3. Campionato de baloncesto. Competición amigable 5x5 en categoría absoluta, a disputar na pista polideportiva da praia da Frouxeira (cámping municipal). Premiarase con trofeo aos tres primeiros clasificados. Custo: 11,06 euros/persoa. Inscrición aberta ata o 14 de agosto e inicio (aproximado) da competición o luns 17 de agosto.
  4. Fitness-praia. Actividade de mantemento físico a través de diferentes modalidades de fitness (pilates, running, chan pélvico, zumba, etc). Todos os días de luns a venres, de 10:30 a 11:30. Inicio da actividade o luns 13 de xullo, diante da caseta de Socorrismo da praia da Frouxeira. Actividade gratuíta.
  5. Carreira atlética na area. Competición amateur na modalidade de carreira a pé sobre o areal da Frouxeira. Distancia aproximada: 5.000 metros. Celebrarase o domingo 30 de agosto ás 11:00 horas. Inscrición no mesmo lugar da proba (fronte á caseta de Socorrismo da praia da Frouxeira) ata media hora antes do inicio. Categorías menores e absoluta, masculina e feminina. Actividade gratuíta.

Información e inscricións para todas as actividades no teléfono 649 981 841 ou no correo evateijeiro@hotmail.com. Organiza Servicios Deportivos Galicia S.L. e patrocina o Concello de Valdoviño.