Protocolo de Coordinación de Atención Temperá

A Rede Galega de Atención Temperá (Secretaría Xeral de Política Social) é un espazo común de coordinación e corresponsabilidade entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais para prestar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con transtornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos así como ás súas familias e ao seu contorno, unha actuación integral en atención temperá.
 
A atención temperá desenvólvese como unha atención especializada multidiscipliar, e as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipamentos interdiscipinarios especializados que seguirán un modelo metodolóxico común de actualización.
 
A derivación realizarase dende os servizos de pediatría ás unidades de atención temperá.
 
Máis información: http://benestar.xunta.es/web/portal/atencion-tempera