O Concello presenta solicitude ao INJUVE e a FEMP para a financiación de actividades en materia de Xuventude durante o ano 2015

O Concello de Valdoviño presentou solicitude de financiamento ao "Instituto de la Juventud" do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en convenio coa FEMP para levar a cabo actuacións dirixidas á poboación xuvenil, mediante o desenvolvemento de programas no ámbito local.
Neste caso, enmárcase dentro da promoción do emprego e o emprendemento xuvenil mediante actividades de formación, orientación profesional e sociolaboral, asesoramento para a posta en práctica de ideas emprendedoras...