Exposicións, teatro e canción coral

O mes de xuño comezou coa inauguración da exposición de pinturas da Asociación de amas de casa, elaboradas no taller impartido por Leopoldo Rapela. A mostra pode contemplarse na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o día 17. O fin de semana seguinte o mesmo recinto acollerá os traballos da Asociación da Frouxeira.
 
Outro dos puntos fortes da programación cultural é a VII Mostra de Teatro infantil Concello de Valdoviño, que se celebra o sábado 6 e o domingo 7, no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Xuño remata coa 28ª edición da Mostra da canción coral que organiza a A.C.R. A Frouxeira. O día 27, ás 19:30 horas, tamén no Auditorio Municipal.