Concilia Verán (Actividades para a infancia)

Concilia busca crear un espazo de calidade no que nenos e nenas (de 3 a 12 anos) se divirtan e aprendan en grupo interiorizando valores como a igualdade ou a solidariedade, ao tempo que se oferta un recurso para a conciliación laboral e familiar.
ACTIVIDADES: a natureza será protagonista do noso verán!
Requisitos:
- Estar empadroado/a no Concello de Valdoviño (presentar volante de empadroamento)
- Estar estudando nos centros educativos do Concello de Valdoviño (presentar cert.escolaridade)
- Ter as persoas proxenitoras traballando (presentar documentación acreditativa)
 
"Estes aspectos serán preferentes pero colleranse todas as solicitude ata cubrir prazas"
Meses que se ofertan: Xullo e Agosto de 9:00 a 14:00 horas.
Prazas limitadas.
Prezos: cota única de 36,88 euros segundo ordenanza municipal (20% desconto familias numerosas)
Prazo de inscrición: ata o 19 de Xuño
Máis información: 981487041-ext.5 (dto. Servizos Sociais Comunitarios)