Programa de Mediación Escolar (CPI ATIOS+Servizos Sociais Municipais)

O CPI Atios, en colaboración coa educadora social do departamento de Servizos Sociais, está a levar a cabo un programa de Mediación Escolar. Este programa iniciouse o curso anterior, facendo inicialmente unha captación no centro a través de presentacións en aula que explicaban os obxectivos do programa. Coas persoas que conformaron dito equipo (de 6º de primaria e 1º de secundaria)  realizouse unha formación para o alumnado.
Este ano, retómase o proxecto cun curso de actualización para o equipo e unha formación para o profesorado que se levou a cabo durante o primeiro trimestre do ano.
A partir dese momento, deuse a coñecer a posta en marcha do programa e os pasos a seguir para solicitar esta opción, co fin de que a mediación se convirta nunha ferramenta de uso para a resolución de conflitos dentro do centro.